Inicio
Foro

Futbol-7
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 
 
                   
 

 

Viaxes

 

Viaxe a Marrocos. Setembro 2.007

     

O 28 de setembro saíron os dous elementos (Alfonso e Iván Brea) cara Marrocos. O seu obxectivo era atravesar a cordilleiras do Medio Atlas e Alto Atlas, para chegar ó deserto, e antes de chegar a Marraquech para coller o avión de regreso, subir ó Toubkal (4167 m), que a montaña máis alta de Marrocos.

Durante a ruta atravesaron os bosques de cedros milenarios do Medio Atlas, que están cheos de monos de barbería e centos de aldeas bereberes seminómadas.

Xa no Alto Atlas, pasaron por Agoudal, que e o pobo máis alto de Marrocos, atravesaron as impresionates Garganta do Dadés, o Jbel Sharró e o Valle do Dráa. Foron ó deserto do Sahara, facer unha excursión en camelo. Pasaron por Ouarzazate, a Kasbha de Ait-Benhaddoute, cruzaron o Tizi-n-Tichka, que esté na estrada xeral que vai de Marrakech a Ouarzazate, e colleron dirección ao Toubkal. Deixaron as bicis en Imlil, e despois de subir ao Toubkal. regresaron a Marraquech., con 33 dias de pedaladas, e ó redor de 1300 Km. nas súas pernas.

Como lles quedaba unha semana de viaxe decidiron ir a percorrer a costa, e para non ter que cargar cas bicis, e como comprobaron en centos de veces o facil que é negociar neste país, venderon as bicis. Ivan en Marraquech e Alfonso en Agadir.

En Agadir arrendaron duas scuters para dar unha volta polo litoral. E os últimos 3 dias pasáronos en Essaouira, unha tranquila vila cun fermoso porto pesqueiro de baixura, ideal para rematar a viaxe.

O día 6 de Outubro colleron o avión de volta a casa, sen bicis, pero ca libreta chea de correos electrónicos dos máis variopintos personaxes. 

Salam aelecum.  
 



Picos de Europa. Agosto 2006


Unha semana de Agosto de 2006 escapáronse das súas casa estes catro personaxes; Iván, Juanjo, Alfonso Louro e Iván Brea (bombeiro de Santiago). O seu destino eran os Picos de Europa. E aló chegaron e alí estiveron durante catro días. De vivac, noite si e outra tamén, a primeira preto de Collado Jermoso e o último día baixaron pola Garganta do Cares e de alí a Cangas de Onís. O cume máis alto co que se toparon foi o Llambrión. Algunha arista, andar e andar, pero tamén tiveron que escalar e rapelar. Ó quinto día voltaron as súas casas.




Peña Ubiña, Abril 2006




O 4 de abril de 2.006 estiveron Alfonso Louro e Juanjo na "Peña Ubiña", todo un clásico no montañismo español. Cos seus 2.414 metros e altitude, a súa orografía e as súas condicións climáticas fan deste pico, un punto de referencia para todo aquel que busque rodarse na montaña ou que simplemente queira desfrutar das incribles vistas que nos brinda o macizo leonés.

 


Baqueira, 2006






Pois outro ano máis, un grupo de valentes vaise de excursión a Baqueira, a practicar o snow-board. Con un pouco máis de práctica vainos sair de aquí un campión olímpico ....




Escapada a San Isidro, Decembro 2005


Escapada que fixeron Suso, Fernando, Iván e Susana á estación de San Isidro. O único que tiña algo de experiencia no tema do snow era Suso, así que non lle quedou outra de facer de instructor "improvisado", polo que tras un breve contacto coa neve, pois ás pistas a practicar (así lles quedaron as cachas ...).




Travesía polos Picos de Europa, Decembro 2005


Pois aló foron Juanjo e Feal, a "Fuente de Potes" (Cantabria) coa intención de subir o Llambrión (2.642 metros) e de dificultade media. As condicións atmosféricas eran totalmente adversas (ventisca e nevoa baixa) así como as da neve (non compacta e en capas), polo que lles impediu a ascensión limitándoos a un percorrido sen risco pero moi fermoso polo entorno de Cabaña Verónica (2.325 metros).




Chapu e Hache en Arxentina, Novembro 2005




Pois aló foron o Chapu e o Hache con un par de colegas dar unha voltiña por Arxentina durante todo o mes de novembro. Percorreron todo o país, dende a capital (Bos Aires) ata a Patagonia, visitando os lugares máis fermosos e salvaxes.



Ruta Canfranc-Pineta, Jullo 2005




Nesta ruta que comprendío dende Canfranc a Pineta (Pirineos), cunha duración de 6 días, fóronse os compañeiros Alfonso Ben e Alberto, co amigo Iñaqui. A ruta pertence a un tramo do GR-II, aproximadamente uns 110 Lm. Parece que non o pasaron nada mal.


Fallas de Valencia, 2005


Como ó longo destes últimos anos, unha vez máis os Bombeiros da Coruña colaboraron cos de Valencia durante as Fallas. Esta vez os asistentes foron Chapu, Suso, Rober, Mani e Breo, que a pesares do arduo traballo, deulles tempo a realizar algunha visita a lugares emblemáticos da cidade.


Camiño de Santiago, Febrerio 2005





Aló foron Juanjo, Julen e Cas ... a facer o Camiño de Santiago, pola súa Ruta Aragonesa. Comezaron en St. Marie de Oloron, en Francia, o día 18-02-05, chegando a Santiago un mes despois (18-03-05). As condicións climatolóxicas, ... en fin, mirade as fotos e non hai nada máis que dicir.


Ruta polos Ancares, Outubro 2004




No mes de outubro de 2004 decidiron: Suso Ameijenda, Alfonso Ben e Alberto facer unha ruta polos Ancares. 2 días percorrendo estas fermosas montañas. Fixeron a "Ruta dos Tres Bispos" e "Ruta Penarrubia". O aloxamento foi en Campa de Brego.