Inicio
Foro

Futbol-7
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 
 
                   
 

 

O Parque


Europa

Pois ahí é onde se atopa o noso parque, na cidade da Coruña, que está situada no extremo noroccidental do país (España). O concello ocupa unha superficie de 36,8 Km2 e alcanza os 246.500 habitantes (2004), (360.000 na súa área metropolitana), constituíndose no centro económico e cultural da área metropolitana circundante (constituida polos concellos de Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada, Carral, Bergondo e Abegondo) e que fundamentalmente ten o papel dunha metrópole rexional, cuia influenza se manifesta non só na citada área, senón tamén en toda a comunidade.

La Coruña

 

OS INICIOS DO PARQUE.

As primeiras noticias deste necesitado servicio cidadán datan do 1818, cando o Concello decidíu crear unha sección de bombeiros, aínda que non se desenrolase, tendo que ser, como ocorre moitas veces, a iniciativa privada a que subsanase esta carenza. Formalmente, o comezo do servizo de Bombeiros da cidade da Coruña datan do 29 de Xullo de 1836, cando se remite ó concello da cidade o "Regulamento da Compañía de Zapadores Bombeiros", creándose a "Compañía de Zapadores Bombeiros" o 9 de agosto dese mesmo ano, en sesión plenaria, aínda que o servizo municipal non se creou oficialmente como tal, ata 1862, funcionando xunto co de Seguros Mutuos.

En 1904 reorganizouse o Corpo Municipal de Bombeiros, quedando distribuido en dúas brigadas: unha de zapadores e outra auxiliar. A primeira compoñíase dun capataz, 4 cabos e 24 operarios e a segunda de capataz, 4 cabos e 40 operarios. O director de ambas era o arquitecto municipal. No 1927, o alcalde Manuel Casás, un dos máis eficaces que tivo a cidade, logrou un crédito bancario de 5 millóns de pesetas para impulsar o servizo.

As instalacións de dita compañía variaron de situación ó longo do tempo, téndose constancia do aluguer dun local en Juan Flórez no 1905; a instalación dun retén na rúa Orzán no 1912; a instalación de material de incendios no 1914 no distrito de Santa María de Oza; o seu traslado á actual rúa Comandante Fontanes; e máis tarde, á zona de San Roque de Afora.

Os medios materiais tamén variaron ó longo do tempo, debido á evolución técnica: desta maneira, nas súas orixes, as "bombas de vapor" eran tiradas por forza animal, aínda que no 1926 adquírese unha moto-bomba, un alxibe e un porta-escada da marca Reanult (que aínda se conserva), considerándose este momento como o inicio da tecnificación do servizo.

Nuestro parque

Hoxe en día, o Parque de Bombeiros está situado no Polígono da Grela, nunhas instalacións construidas no 1984, dispoñendo dun total de 15 vehículos distribuidos en: 8 de extinción, 3 de salvamento e 4 de servicios varios.

Conta o Servizo de Extinción de Incendios cunha plantilla de 113 persoas, distribuidos da seguinte maneira: 1 xefe de servizo, 1 oficial, 2 suboficiais, 6 sarxentos, 7 cabos e 96 bombeiros.

Actualmente vimos realizando unha media dunhas 2000 invervencións anuais, sendo destas, á maioría incendios urbáns, seguidas de baldeos e accidentes de tráfico.

INCENDIOS FAMOSOS.

Por ceñirse ó século XX o primeiro de importancia foi o do Pavillón Lino, en 1919, seguíndolle o da Fábrica de Tabacos no 1920 e o da Fábrica de Gas tres anos despois.Incendio

Durante a República hai que descartar, en xullo de 1931, o da residencia dos Pais Capuchinos, provocado por uns manifestantes obreiros. En plena Guerra Civil, sobresaiu o da fábrica La Primera Coruñesa, sita en Juan Flórez. En setembro de 1952 destacou o do Teatro Colón e dous anos despois o da fábrica de xabróns Candado, na Avenida de Hércules. En 1960 tocoulle o turno o cuartel de Artillería de Zalaeta, e na década seguinte o de Infantería. Polo medio, no 1964, quedou nos cimentos a antiga estación do Norte (onde está a actual de autobuses). No ano 66, tres incendios máis: o do cine Riazor, outro no Colón e o do Club Beiramar na ría do Burgo.

En 1971, perdeuse a fábrica de mobles Cervigón, no Orzán e en marzo de 1975 a sala de festas, na Avenida Rubine. En abril do 76, quedou destruido polas lapas o inmoble do número 9 de Juana de Vega.

A principios de 1985 quedou arrasada a discoteca "1900" da Cidade Vella e ó ano seguinte unha tormenta provocou un incendio nun tanque da terminal petroleira. En 1993 houbo outro espectacular no barrio chino, que comezou nun inmoble do Papagaio, ademáis de outro no vertedoiro de (basura). En abril do 2000 rexistrouse outro na planta de Bens. Tamén ardeu o Pazo de Meirás, en febreiro do 1978, orixinado, supostamente por un curtocircuito.

Parque de Bomberos