Futbol 7
Campionato de España de Futbol-7 de Bombeiros
A
Coruña
   
   
Presentación
Estimados
compañeros:
Dende a A.D.C. Bombeiros A Coruña" temos o pracer de
informaros, como xa vos adiantamos en Córdoba, que a sede do ano 2009 do X
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FUTBOL-7 PARA BOMBEIROS será na nosa cidade.
Este evento naciu na Coruña no ano 2000 e pouco a pouco foi
medrando e consolidándose como un dos eventos deportivos mais importantes do
país. Cidades como Cuenca, Valencia, Zaragoza, Murcia, Palma de Mallorca, León e
Córdoba xa tiveron a honra de celebrar o campionato.
Como moitos de vos sabedes, despois dos dous primeiros anos na nosa
cidade, creouse un comité para designar as sedes posteriores, ese comité esta
integrado por persoal da nosa asociación, que foron os fundadores do torneo. É
por iso que aproveitando o décimo aniversario da edición, queremos darlle
un caracter especial, e seguir mantendo o prestigio do torneo.
Comezaremos o día 23 de Xuño,
recomendámosvos a todos que non faltedes a unha das festas mais celebradas na
nosa Comunidade, o “San
Xoán”, este día realizaremos a
recepción oficial antes de queimar as hogueras na praia de Riazor, o
24 comezarán os partidos nas duas categorías de open e veteranos, o
sábado 27 de Xuño xogarase a final, ese mismo día faremos aa entrega de
trofeos na típica cena de clausura. Durante todos os días
teremos actividades alternativas ao evento.
Queremos recalcar, que o torneo creóuse coma unha excusa para poder
reunir a colegas de todo o país, disfrutar duns dias xuntos, entablar relacións
entre parques e unir lazos persoais; a competición sempre intentamos deixala nun
lugar secundario, pero aproveitala para magnificar os valores que se nos supón
na nosa profesión, respeto, compañerismo, deportividade, etc. A A.D.C Bombeiros
A Coruña comprométese con esa liña de traballo na organización do campionato.
Para unha boa organización, fáisenos imprescindible a vosa
colaboración, é por iso, que temos aberta unha canle de comunicación no foro da
nosa páxina web
www.bomberoscoruna.com,
gustaríanos que nos enviarades voso correo electronico, contamos con vos para
que nos fagades chegar a vosas suxerencias e queixas con respecto a anteirores
compionatos, na páxina podedesir vendo as novidades, realizar a vosa inscripcion,
descargar fotografias, etc.
Tamén dende a axencia oficial de viaxes, poderedess favoreceros duns
precios preferenciaies no voso aloxamiento:
Telf.: 981 654 833 – Fax: 981 666 220
C/ Andrés Pan Vieiro Nº 2 Local 2-E
15.670 Culleredo (A Coruña)
Web: www.viajesaviatours.es
E-Mail: aviatours@grupoqualitas.com
Non deixedes todo para última hora, gracias por todo e nos vemos na
Coruña.
Organización Campeonato
Roberto Rivas 615650749
Rafael Gomez 666870071
|