Inicio
Foro

Futbol-7
Calendario
Solidaridade

Patrón
Parque
Intervencións
Actividades
Competicións
Viaxes
Membros

Tenda
Enlaces
Contacto

    Galego    Castellano

 

 
 
 
 
 
                   
 

 

Actividades

 

Anglirú, Setembro 2008

             

Xa se vía vir esta excursión dende facía tempo, despois de ver a grande cantidade de socios que se aficionaron á bicicleta. E claro, non faltaron gañas, cando se soubo que na Volta Ciclista a España 2008 voltábase a subr esta mítica cima. Aló foron (coincidindo coa data da volta) os que puideron ir e trouxéronos esta grande experiencia. E como xá sabiamos, a televisión engana dabondo (parece bastante mais facil do que realmente é).


Ruta Ferrol-Coruña, Xuño 2008

              

Pois aló fomos unha "manada" de ciclistas a facer unha ruta dende Ferrol á Coruña. A ruta transcurriu dende Ferrol a Betanzos polo antigo Camiño de Santiago e denominado "Camiño Inglés". Con tramos bastante duros, fomos capaces de ir en grupo e de recordar algunha anécdota ciclista. Dende Betanzos á Coruña, fíxose duro para os menos adestrados, pero ó final chegamos todos san e salvos.


I Ruta cicloturística "Costa da Morte". Outubro 2.007

     

     

Era un día fresco, cediño, aínda o sol non quentaba cando comezamos a nosa ruta. O encanto destas terras e as lendas e misterios, facían presaxiar unha ruta moi fermosa. Comezamos no lugar de Oza do Rodo (Oza-Carballo) para dirixirnos por pistas e camiños cara a Praia de Razo. Dende alí subimos a Monte Neme para logo baixar cara o Refuxio de Verdes. A ruta foi pequena, 30 Km, moi fácil de facer e encamiñada ó disfrute do entorno e coñecemento de lendas e patrimonio cultural.

En Razo apreciamos as vistas da "Costa da Morte", en Monte Neme percorremos os restos das minas de wolframio, así como desfrutamos das belísimas vistas dende o alto. En Verdes, desfrutamos dun dos espazos mellor coidados da comarca.

Ó final, un xantar delicioso no lugar de saída, empanadas, viño, refrescos, pan e unha pota de callos, tartas, pasteles e licores.
 


Ruta en BTT. 4ª Marcha das Rosquillas -Ponteareas-. Xaneiro 2007

11 compañeiros decidímonos embarcar nunha pequena aventura en bicicleta de Montaña por terras de Ponteareas. O día presentábase moi frío. Ás 9:30 horas dase a saída da marcha, co termómetro marcando -3ºC (Casi nada). Non sentiamos as máns, nin os pes, nin o nariz, nin as orellas, por sentir, non sentiamos nin o frío. Conforme transcurría a ruta, comezamos a desfrutar cona un neno con caramelos. A experiencia foi maravillosa e seguro que repetiremos ó longo do ano. Ó final, obsequios para todos e unha comida de confraternidade entre tódolos ciclistas. De entre todos eses ciclistas, había un que chamaba a atención. Un ciclista sencillo, agradable cos compañeiros, sempre cunha sorrisa na boca e un corazón moi grande. Ese ciclista gañara o Tour de Francia do pasado ano.


 Ruta cicloturística A Coruña-Santiago de Compostela. Decembro 2006




Dezaoito cicloturistas sairon do Parque de Bombeiros da Coruña, co único obxectivo de facer o "Camiño de Santiago" dende a nosa cidade. É coñecido coma o "Camiño Inglés", xa que era o camiño que realizaban os peregrinos que chagaban a Galiza a través do mar, dende os portos do Báltico, Países escandinavos, Países Baixo, Flandes, norte de Francia e, sobre todo, ingleses e irlandeses. Dende os portos de Ferrol e A Coruña comezaban a súa marcha a pe ata Santiago.

Sucedeu o mércores 20 de Decembro. O día era frío, moi frío, pero nada puido coa nosa ilusión. O camiño fíxose ameno, gracias ás aventuras e desventuras, ós chistes e as bromas. O camiño é precioso, e o esforzo valeu a pena. Ríos, fontes, regatos, pozas, camiños, sendeiros, pedra, pinos, carballeiras, esta é a nosa Galiza. Ó final, chegada á Praza do Obradoiro, enfrente á Catedral de Santiago.

 

Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume, Marzo 2006






O sábado 18 de marzo de 2.006, realizamos unha nova actividade organizada pola A.D.C. Bombeiros A Coruña, nesta ocasión era unha ruta de sendeirismo polas Fragas do Río Eume. O día non se prestaba moito, xa que predecían choiva, pero esta practicamente non fixo acto de presenza.

Ás 11:30 horas chegamos ó punto de partida. Esperábannos cinco horas de camiñata nun contorno impresionante. Os castiñeiros fixéronnos compañía en todo o percorrido, sendeiros, ríos, fervenzas, cabras, ... Pasamos pola antiga central hidroeléctrica así coma pola nova, estivemos no Mosteiro de Caaveiro, agora mesmo en reconstrucción e como non, na presa do Eume.

Os participantes (Rober, Mani, Cas, Feal, Julen e Quito, así como os dous cans do compañeiro Feal), seguro que recordarán a camiñata por moito tempo.


Ascensión Pico Cuíña, Febrero 2006




Despois de ter que aplazar a expedición polo temporal de neve que caiu en toda a península, a expedición resentíuse bastante, xa que eramos 22 persoas o 28 de xaneiro, e ó final, só fomos 8 o día 10 de febreiro. As cousas complicáronse dende o primeiro momento, xa que non esperáamos tanta cantidade de neve, e máis aínda, esas capas de xeo, que nos fixeron perder moito tempo, unhas veces con precaución sobre elas e outras veces por ter que sairnos do percorrido polo perigoso das mesmas. Ó final, non chegamos a coroar o Pico Cuiña, quedamos a unha hora do mesmo, pero valeu a pena a expedición. Outro ano será.